as liñas do frío
nonou edicións (2021)
5 tiras de papel pregadas dentro dun sobre
1.burano, detrás
nunha paisaxe deserta
albíscanse marcas
do que hai ás costas de quen tira a foto
como a ollada do presente
ten as cicatrices
que o pasado deixou na pel?
* * *
o horizonte en burano
está no envés do envés da cidade
cómpre atravesala baixo a chuvia
a beleza premeditada
contornar os bordos
e abandonar todo detrás / na néboa
semellante a un exercicio zen
de desapego